jueves, 20 de junio de 2013

Esbardalle Fest, este sábado


¿Cantas na ducha, pintas a mona, tocas algún instrumento, bailas, das volteretas, esculpes bolboretas...? pois que saibas que o 22 de xuño vaise liar; dende as 11 da mañá e ata que os corpos aturen convertiremos o Cso Palavea nun espazo de esbardalle e creación colectiva onde ti, quenqueira que sexas, serás protagonista; nun esceario xigante onde haberá máis artistas que público, e terán cabida contacontos, xogos, foliada, malabarismos e outros delirios...¡non esquezas traer os teus xoguetes preferidos e ven esbardallar connosco!
Para apuntarse e ir concretando actuacions, espazos, horarios, materiais...
http://piratepad.net/gOKF9CGIaX

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Danos tu opinión